Falece unha persoa e cinco quedan feridas nunha colisión entre vehículos en Curtis
Falece unha persoa e cinco quedan feridas nunha colisión entre vehículos en Curtis
Os bombeiros tiveron que liberar dous feridos e axudar a sacar do coche o finado
Un dos máis graves, trasladado ao hospital en helicóptero
Un particular avisou ao 112 contra as tres da tarde do choque de tres turismos na estrada N-634, á altura de Teixeiro, en Curtis.
Ata o lugar do accidente desprazáronse equipos dos bombeiros de Betanzos, do GES de Curtis e de Protección Civil. Tiveron que liberar dúas persoas que quedaran atrapadas nos vehículos e axudar a sacar do coche ao falecido.
Ademais, o 061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladar ao hospital unha das persoas feridas máis graves.
A outros tres accidentados leváronos en ambulancias e un cuarto ferido non foi trasladado.
O accidente causou retencións considerables nunha estrada moi utilizada por transportistas xa que comunica Santiago de Compostela co País Vasco a través de toda a cornixa cantábrica.
🔴#AXEGAInforma dun accidente mortal na N-634 ao seu paso por #Curtis.
— 112Galicia (@112Galicia) March 2, 2024
Tratouse dunha colisión entre tres turismos e saldouse cunha persoa falecida, á cal tiveron que excarcerar, e con 5 feridos, un deles tamén atrapado.
➕ℹ️👇 pic.twitter.com/TZQGOh9sI5