Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlada a situación no cárcere de Guayaquil onde morreron 68 presos nun motín

Controlada a situación no cárcere de Guayaquil onde morreron 68 presos nun motín

900 policías entraron no penal

G24.gal 13/11/2021 17:40

Controlada a situación no cárcere de Guayaquil, onde este sábado un motín provocou a morte de 68 reclusos. Así o informou o voceiro do Goberno ecuatoriano, Carlos Jijón.

No operativo para controlar a situación no interior do penal participaron 900 policías mentres o exército mantiña controis nas aforas do recinto.

Segundo o Gobernador da provincia os enfrontamentos comezaron cando un grupo de presos acurralou a outro que quedara sen o seu líder logo de que a Xustiza o deixara en liberdade.

Está previsto que o Presidente da república, Guillermo Lasso, anuncie este domingo medidas para mellorar a vida nos cárceres ecuatorianos.

O sistema penitenciario do país atópase baixo estado de excepción dende setembro tralo peor masacre carcerario, rexistrado tamén no penal de Guayaquil.

Daquela faleceran 118 reclusos. Os enfrontamentos prodúcense entre bandas relacionadas co narcotráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade