Publicador de contidos
Publicador de contidos

Farmacéuticos, sanitarios e persoal de residencias expectantes ante a fin da máscara

Farmacéuticos, sanitarios e persoal de residencias expectantes ante a fin da máscara

Levan moitos anos e pasan moitas horas con ela

G24.gal 24/06/2023 14:21 Última actualización 24/06/2023 14:36

Tras a decisión o venres da retirada da máscara polo consello interterritorial de sanidade xerouse grande expectación entre os sectores afectados.

Nas farmacias, hospitais, centros de saúde e centros de maiores contan os días para que esta decisión se materialice. Tena que aprobar o consello de ministros e fixar a data do seu comezo.

Logo de regalaren cada día media ducia de máscaras, nas boticas están desexando esquecela con esta calor e non ter que reprender a quen entra sen ela. Tamén no eido sanitario están esgotados; aínda que nos quirófanos, con inmunodeprimidos e nalgunhas zonas de urxencias non debería desaparecer, segundo lembraba hoxe o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade