Publicador de contidos
Publicador de contidos

Febvre racha o dominio de Jorge Prado nas carreiras de cualificación

Febvre racha o dominio de Jorge Prado nas carreiras de cualificación

Este domingo veremos o Gran Premio dos Países Baixos (14:00 e 17:00 na G2 e G24)

G24.gal 19/08/2023 20:11

Jorge Prado segue dando pasos firmes para conseguir nunhas semanas o título de campión do Mundo. Esta tarde, nos Países Baixos, non puido estender o seu dominio nas carreiras de cualificación. Foi o terceiro. Viuse superado polo seu perseguidor no Mundial, Romain Febvre, que gañou a proba, e polo holandés Glenn Coldenhoff.

Prado cede dous puntos na clasificación pero mantén aínda 96 de vantaxe. Rubén Fernández logrou o sétimo posto. O día deixounos ademais unha nova lesión do cinco veces campión do Mundo, Jeffrey Herlings, que tivo que abandonar cunha fractura de clavícula. Este domingo poderán ver as dúas mangas na G2 e en G24.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar