Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo di que España ten o Goberno máis fragmentado da historia

Feijóo di que España ten o Goberno máis fragmentado da historia

O PP arrancou a precampaña electoral das europeas en Málaga

Feijóo pediulles aos españois que o 9 de xuño respondan co seu voto á xestión do Goberno

G24.gal 19/05/2024 14:50

Case un ano despois da vitoria nas eleccións municipais, o  PP inicia a precampaña das europeas en Málaga, co seu presidente á cabeza  e cun discurso en clave nacional. 

"Porque, lamentablemente, o Goberno actual de España é o Goberno máis débil, máis fragmentado e máis dependente de toda a historia democrática de España". "As municipais foron un novo comezo para o PP, como primeira forza de España e as Europeas poden ser o comezo, para o cambio de España", afirma Alberto Núñez Feijóo.


O líder do PP convidou os españois a que o 9 de xuño se pronuncien nas urnas sobre as políticas do Goberno de Pedro Sánchez, o que acusou de querer controlar todas as institucións e de recortar as liberdades dos españois.

"Só hai unha forma de que o Goberno nos escoite, derrotándoo. Só hai unha forma de gañar as eleccións e é a través do Partido Popular, deixémonos doutras cuestións. Se concentramos, gañaremos, e por suposto que sabemos facelo", di Feijóo.

No ámbito das políticas comunitarias, Feijóo marca dous obxectivos: impulsar o Pacto Europeo da Auga  e que a seca sexa determinante para o dereito de acceso aos fondos comunitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade