Feijóo acusa a Sánchez de electoralismo por pedir perdón pola lei de "só si é si"
Feijóo acusa a Sánchez de electoralismo por pedir perdón pola lei de "só si é si"
O presidente do PP participou nun acto político cos candidatos do partido en Navarra
Critica o goberno por pactar con Bildu a expulsión da Garda Civil de Tráfico
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, participou nun acto político en Navarra xunto ao líder do partido na comunidade foral e candidato á presidencia do goberno autonómico.
Na súa intervención, Feijóo acusou a Pedro Sánchez de querer expulsar a Garda Civil de Navarra, coa axuda de Bildu. Afirmou que o Goberno de España deixou de ser un bipartito para converterse nun desgoberno de 20 formacións que, máis que sumar -dixo- restan.
O líder do PP volveu criticar a lei de vivenda aprobada esta semana e a reforma da lei de só si é si. Feijóo repróchalle ao presidente do Goberno que lles pida perdón ás vítimas cando falta pouco máis dun mes das eleccións.