Feijóo confirma a Gamarra como "secretaria xeral do PP a tempo completo"

O líder do PP di que o Goberno de Sánchez constitúe unha "anomalía en Europa"

G24.gal 25/11/2023 15:04 Última actualización 25/11/2023 20:16

Núñez Feijóo aproveitou o congreso do PP da Rioxa, terra de Cuca Gamarra, para anunciar que será a secretaria xeral a tempo completo coa misión de ordenar un partido con máis poder territorial. Iso implica que non seguirá como voceira parlamentaria.

En clave de política xeral, dixo que os 22 ministros son os albaneis para levantar o muro anunciado por Sánchez entre os españois:

 "E quen realmente está ao seu lado? Os prófugos da xustiza, os herdeiros dunha banda armada, os que foron condenados polo Tribunal Supremo por corrupción e malversación de fondos públicos, aqueles que quere mutilar a unidade da nación española".

A política exterior de Sánchez estivo na diana das críticas. Feijóo considera que o presidente do Goberno viaxou a Oriente Medio en nome da Unión Europea cunha postura unilateral, non consensuada.

"A diplomacia non é viaxar a un país que está en guerra para sementar a discordia e moito menos no día no que se iniciaba unha tregua".

Tamén sinalou que o ministro de Transportes, Óscar Puente, deixou claro que a lei da amnistía se debe a que Sánchez necesitaba os votos dos independentistas e que dese xeito bota por terra a motivación da convivencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade