Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo comeza este luns os contactos cos grupos políticos ante o debate de investidura

Feijóo comeza este luns os contactos cos grupos políticos ante o debate de investidura

Complicadas negociacións cun pulso con Vox, a negativa do PNV e á espera dalgún xesto a Puigdemont

O presidente do PP de Cataluña, Alejandro Fernández, rexeitou este domingo o diálogo con Junts, porque a tese esencial desta formación "é que España é unha ditadura dirixida por un rei fascista"

 

G24.gal 27/08/2023 19:43

Este luns, o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, comeza os contactos cos grupos parlamentarios, agás Bildu, para conseguir os apoios que precisa para ser investido presidente do Goberno. De momento, descoñécese o calendario das xuntanzas e quen encabezará a delegación negociadora do PP.

ERC xa adiantou que non participará nos contactos. Junts e o BNG aínda non responderon á convocatoria.
E os socialistas tomarán unha decisión este mesmo luns. 

As opcións de éxito de Núñez Feijóo, que conta co apoio do seu partido, de Vox, UPN e Coalición Canaria, pasan por convencer o PNV, de que permita a súa investidura. A outra posibilidade pasa polo partido de Puigdemont.

O presidente do PP catalán, Alejandro Fernández, rexeitou o diálogo con Junts porque a formación independentista é o seu "rival". "Que alguén me diga de que hai que falar con eles", aseguraba nun chío nas súas redes sociais.

O martes pasado, Felipe VI designouno como candidato a tentar a investidura, malia a dificultade e por ser o líder da lista máis votada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade