Cargando resultados...
Feijóo comprométese a fixar un calendario de reformas cos axentes sociais
Feijóo comprométese a fixar un calendario de reformas cos axentes sociais
O líder do PP reuniuse co secretario xeral de Comisións Obreiras
O encontro forma parte da rolda de contactos previa ao debate de investidura
G24.gal
20/09/2023 20:43
Última actualización 20/09/2023 20:57
Feijóo comprométese a fixar un calendario de reformas cos sindicatos e a patronal. Foi na reunión co secretario xeral de Comisións Obreiras enmarcada na rolda de contactos cos axentes sociais previa ao debate de investidura.
O líder do PP propúxolle a Sordo que as estatísticas diferencien entre paro rexistrado e efectivo para, din os populares, evitar que os traballadores sen emprego non computen como parados.
No PP e en Comisións destacan o ton distendido do encontro. Sordo instou a Feijóo a recoñecer o "efecto positivo", dixo, da reforma laboral.