Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo: "Decida o que decida Sánchez, xa representa o pasado"

Feijóo: "Decida o que decida Sánchez, xa representa o pasado"

O PP acusa o presidente do Goberno de "narcisismo", "cesarismo" e de "estirar a agonía"

G24.gal 28/04/2024 14:33 Última actualización 28/04/2024 15:03

Desde o Partido Popular acusan o presidente do Goberno de "estirar a agonía" e de, segundo din, "traer decadencia" ao país.

Martínez-Almeida dixo este sábado que España non merece estar pendente do que cualifica como "exercicio de cesarismo" de Pedro Sánchez.

"Os españois non merecemos estar pendentes da vontade dunha persoa durante cinco días, sen comunicación co exterior nun exercicio de cesarismo como poucas veces vimos na democracia española. Tiñamos democracia antes de Pedro Sánchez e teremos democracia despois de Pedro Sánchez", dixo.

O presidente do Partido Popular, Núñez Feijóo, nun acto de campaña en Cataluña acusou a Pedro Sánchez de dividir a cidadanía e de traer "decadencia e ruptura" ao país.

"Eu non sei se lle convenceu a manifestación que se autoorganizou para apoiarse a si mesmo e non sei que vai dicir mañá, pero diga o que diga Pedro Sánchez dá igual, estará marcado para sempre pola decadencia que trouxo ao noso país", destacou.

O líder dos populares aseverou que decida o que decida Sánchez xa "representa o pasado".

"Despois de todo este carnaval non haberá épica na dimisión nin haberá heroicidade na resistencia. Poderá estirar a agonía máis ou menos pero xa representa o pasado e os políticos que representan o pasado son iso, pasado", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade