Feijóo destaca que a Constitución é o alicerce para construir a sociedade en liberdade
Feijóo destaca que a Constitución é o alicerce para construir a sociedade en liberdade
Feijóo lamentou que o Goberno se apoie en socios que a rexeitan
Ana Pontón di que Galicia non ten nada que celebrar este seis de decembro
Os socialistas galegos celebraron este día en Pontevedra e Lugo
Alberto Núñez Feijóo destacou que a constitución é o alicerce para construir a sociedade en liberdade e prosperidade. E lamentou que o Goberno se apoie en socios que a rexeitan.
O presidente da Xunta Feijóo dixo que o de hoxe é un día para lembrar que a democracia se sustenta na carta magna.
Referíase Feijóo a declaración que asinaron onte os partidos independentistas Esquerra Republicana, Junts, a CUP, EH Bildu e o BNG rubricaron un documento conxunto para dicir que a Constitución se converteu nun instrumento para violentar dereitos democráticos básicos.
Tamén din que a carta magna criminaliza as súas reivindicacións sociais. Os independentistas piden unha reforma radical tanto en modelo de estado como en dereitos sociais.
Ana Pontón dixo que Galicia non ten nada que celebrar este seis de decembro. Arroupada por dirixentes e simpatizantes nacionalistas, conmemorou os 90 anos da fundación do Partido galeguista.
A líder nacionalista sostén que a Constitución perpetua un modelo centralizador que relega a Galicia a unha segunda categoría. E defendeu que a nosa é unha nación que merece ser recoñecida. Galicia, di Pontón, necesita capacidade para decidcir o seu futuro.
Os socialistas galegos celebraron este día en Pontevedra e Lugo. O aínda secretario xeral, Gonzalo Caballero, sumouse ao acto da subdelegación do Goberno de Pontevedra