Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo di que a investidura "non foi un acto errado, foi un acto esclarecedor"

Feijóo di que a investidura "non foi un acto errado, foi un acto esclarecedor"

O presidente do PP asegura que "España sabe que ten un Goberno alternativo"

Asegura que falar de referendo é un cebo para conceder a amnistía 

O presidente do PP acudiu ao Foro La Toja un día despois de perder a votación

O líder do PP durante a súa intervención no Foro La Toja
G24.gal 30/09/2023 13:34 Última actualización 30/09/2023 14:44

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, acode ao Foro La Toja un día despois de que o Congreso rexeitara a súa investidura. Alí asegurou este sábado que "España sabe que ten un Goberno alternativo" e que a investidura "non foi un acto errado, foi un acto esclarecedor".

Feijóo admitiu que lle gustaría que este fose o primeiro acto como presidente do goberno pero asegura que, a pesar de perder por tres votos, está moi satisfeito do debate de investidura. Di que foi divertido, que mereceu a pena, que cumpriu co seu deber e que España sabe que hai alternativa. 

"É moi importante que xa alternativa porque a democracia non consiste só en elixir goberno". "Eu falei no Congreso libre de hipotecas, sen agochar as miñas intencións e sen ofrecer o que non podo ofrecer porque non teño competencias para ofrecer unha amnistía".

Engade que o PSOE asumiu as teses dos grupos independentistas tras perder as eleccións e responsabilizou á dirección socialista de alterar a estabilidade democrática de España.

 "O que está enriba da mesa non é o referendo de autodeterminación, o que está enriba da mesa é a amnistía e o referendo é o cebo para concluír que conseguimos dicir non ao refendo de independencia e dixemos si a algo máis sensato que é a amnistía".

O líder do PP finalizou a súa intervención facendo un chamamento a desatender as chantaxes e a recuperar a tranquilidade e o sentido común.

Congratulouse "de non ceder a ningunha chantaxe" e dixo que hoxe podería estar a falar "noutra condición", a de presidente, "pero aceptar condicións que exceden o marco do Estado de dereito non pode facelo ningún candidato á presidencia do Goberno".

"Aceptar peticións dunha pequena parte implica que o tempo que dure a súa presidencia estará en liberdade condicionada", dixo Feijóo, quen defendeu que "ningún fin, nin sequera a presidencia do Goberno, xustifica os medios" e concluíu que por iso está "moi orgulloso de non ser presidente, por agora".

Dixo que o PSOE non está "en sintonía cos seus electores" porque a amnistía non formaba parte do "programa electoral" e atribuíuno a unha "reacción" dos socialistas "ante a perda das eleccións asumindo as teses dos partidos independentistas".

"Non é convivencia, é conveniencia; non é oportunidade, é oportunismo", manifestou Feijóo, quen acusou a dirección do PSOE de tirar "pola borda o legado de homes de estado como Felipe González ou Alfonso Guerra".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade