Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo insta a Sánchez a "dimitir e convocar", pero cre que lle falta "dignidade" para facelo

Feijóo insta a Sánchez a "dimitir e convocar", pero cre que lle falta "dignidade" para facelo

Na apertura do curso político en Cerdedo-Cotobade, o líder do PP considerou que o presidente do Gobernoi está nos "minutos de desconto" na Moncloa cun Executivo que "mercadea co que non é seu"

Feijóo durante o seu discurso en Cerdedo-Cotobade ante militantes e simpatizantes do PP
G24.gal 31/08/2024 13:42

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, considerou este sábado que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, está “nos minutos de desconto” na Moncloa, polo que, ao seu xuízo, debería “dimitir” e “convocar” eleccións, aínda que cre que lle falta a “dignidade” para dar o paso.

No acto de inicio de curso político do PP, en Cerdedo-Cotobade, Feijóo sinalou que nos próximos meses “dimitir e convocar son os únicos verbos que debería conxugar” Pedro Sánchez, aínda que prognosticou que non o fará porque “para dimitir e convocar, hai que ter un mínimo de integridade e dignidade”.

Insistiu con todo Feijóo na necesidade de poñerlle fin á estratexia dun Executivo que “non goberna, mercadea” e, ademais, “mercadea co que non é seu”.

E faino deste xeito, segundo Núñez Feijóo, porque é o propio presidente do Goberno o que sabe que “está a xogar eses minutos de desconto en Moncloa ata que os independentistas piten o minuto de final de partido”.

Despois diso, confiou Feijóo, os populares volverán “gañar as eleccións e farémolo coa vantaxe suficiente para gobernar”.

Niso incidiu Feijóo, no transcurso dun acto no que estivo acompañado do presidente de honra do partido, Mariano Rajoy, e o titular da Xunta, Alfonso Rueda, xunto con outros mandatarios autonómicos populares, como os presidentes de Castela e León e da Comunidade Valenciana, Alfonso Fernández Mañueco e Carlos Mazón, respectivamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade