Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo non descarta presentar unha moción de censura contra Sánchez tras as europeas

Feijóo non descarta presentar unha moción de censura contra Sánchez tras as europeas

O presidente do PP deixa a porta aberta a empregar esa "ferramenta" se é "útil no contexto adecuado"

O PSOE cre que estas declaracións son unha mostra da "hipocrisía" do líder da oposición

G24.gal 03/06/2024 14:57

O Partido Popular considera que o Goberno está cercado pola corrupción política da amnistía e a económica polos casos das máscaras e de Begoña Gómez.

Por iso, nunha entrevista en Antena 3, Alberto Núñez Feijóo abriu este luns a porta a presentar unha moción de censura contra Pedro Sánchez se o PP gañas as eleccións europeas. Nese caso, di o popular, "veremos máis próximo o final do túnel" e amósase disposto a empregar "todas as ferramentas que consideremos oportunas" se se dá "o contexto adecuado" e a moción de censura "pode ser útil".

Para que prospere esa moción, o PP precisaría os votos dalgún dos socios de investidura de Sánchez. E isto afasta a Vox, que xa se desmarcou da iniciativa en caso de negociarse co líder de Junts, Carles Puigdemont.

Para o PSOE, as declaracións de Núñez Fejóo son "puro teatro" e "un exemplo máis de hipocrisía absoluta e de tentar enganar os españois" do líder da oposición. Félix Bolaños, ministro de Presidencia, aféalle que queira pactar "coa ultradereita en España e en Europa" mentres lle roga apoio a Puigdemont para esa hipotética moción.

Para o socio da coalición, Sumar, as palabras de Feijóo "son unha mostra de impotencia e de nerviosismo" ante a proximidade das eleccións europeas.

Segundo a secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, "o señor Feijóo veuse arriba porque o Goberno non goberna".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos