Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo: "O sistema de pensións é insostible se non se crean 1,7 millóns de postos de traballo"

Feijóo: "O sistema de pensións é insostible se non se crean 1,7 millóns de postos de traballo"

O pacto da reforma das pensións está a marcar a actualidade política e económica 

Desde o PSOE reivindican a reforma para ter "unha xubilación digna"

A Confederación de Empresarios de Galicia considérana unha "medida electoralista"

G24.gal 12/03/2023 21:01 Última actualización 12/03/2023 21:12

Tras o pacto do Goberno para a reforma do sistema de pensións, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, defendía ese acordo entre o PSOE e Podemos e reivindicaba a reforma que garantirá, dixo, o sistema público de pensións para poder "vivir unha vellez tranquila" e unha xubilación digna.

"Teremos un sistema público que nos permita a todos ter unha vellez tranquila despois de levantar a pulso un país e construír a democracia que nos trouxo ata aquí", di María Jesús Montero, ministra de Facenda.

O líder do PP acusou o Goberno de utilizar os pensionistas. Nunha entrevista publicada este domingo en El Español, Núñez Feijóo avisou de que "se non se crean 1,7 millóns de postos de traballo, o sistema de pensións é insostible".

Pola súa banda, desde a Confederación de Empresarios de Galicia rexeitan a proposta do Goberno en materia de pensións pola suba das cotizacións que implica. 

"O diálogo social é o aspecto máis importante, de aí é de onde teñen que partir as propostas, non desde ocorrencias do Goberno", di Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

E engaden que consideran a medida "electoralista".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade