Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pide a dimisión de Sánchez: "Non hai cortalumes posible" contra a corrupción

Feijóo pide a dimisión de Sánchez: "Non hai cortalumes posible" contra a corrupción

O líder popular cre que o que está a acontecer é algo "sen precedentes na democracia española"

G24.gal 23/10/2024 18:41

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, pediu a dimisión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, despois de que a Audiencia Nacional pedise ao Tribunal Supremo investigar o exministro José Luis Ábalos por posibles delitos como pertenza a organización criminal, tráfico de influencias ou suborno.

"Non hai cortalumes posible, sen Ábalos non existiría Sánchez. Sánchez está rodeado de corrupción na súa contorna, no seu Goberno, no seu partido. Sánchez é o un da trama corrupta", afirmou Feijóo en declaracións aos xornalistas no Congreso

O líder popular cre que o que está a acontecer é algo "sen precedentes na democracia española". Nunha comparecencia ante os medios no Congreso referiuse á situación xudicial do exministro José Luis Ábalos e ao arquivo das querelas presentadas contra o xuíz que investiga a súa muller, Begoña Sánchez.

Núñez Feijóo afirmou que a exposición razoada do xuíz da Audiencia Nacional confirma que era "o un da trama corrupta". Ao seu entender, non poden afacerse "a vivir nesta situación de putrefacción da presidencia do Goberno".

"Veño pedir formalmente a dimisión do presidente do Goberno. É o 1 en decadencia e o 0 en servizo público do noso país", declarou, e recalcou que esa dimisión é "fundada, razoada, motivada e ponderada".

 

 

O xefe da oposición afirmou que Sánchez non está a ofrecer explicacións a pesar de que "a trama" estaba "enraizada no máis profundo da Moncloa e o máis profundo do seu partido", despois de que o xuíz pedise este mércores que se investigue o seu exministro e exnúmero tres no PSOE, José Luis Ábalos, polo seu "papel principal" no caso Koldo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade