Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pide que o uso da máscara en exteriores volva ser obrigatorio

Feijóo pide que o uso da máscara en exteriores volva ser obrigatorio

O presidente da Xunta di que "non temos vacinas suficientes" para o grupo de 5 a11 anos de idade

Galicia non ampliará as restricións, á espera do que se decida na Conferencia de presidentes o mércores

G24.gal 20/12/2021 15:16

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu este luns que a máscara volva ser “obrigatoria” en exteriores e tamén máis vacinas para que os menores con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos poidan estar inmunizados antes do regreso ás aulas tras o descanso do Nadal. 

"Volver repoñer a máscara como obrigatoria na rúa paréceme que é unha medida prudente", dixo Feijóo en declaracións realizadas aos medios á súa chegada a Ourense, tras realizar a viaxe inaugural da liña de alta velocidade desde Madrid á cidade galega. 

En resposta a preguntas da prensa, o dirixente galego mostrouse partidario de volver ao uso obrigatorio de máscara en exteriores pensando nestas festas: “Lamentablemente, durante este tempo de aglomeracións creo que poden ser un elemento moi potente”, abundou, sen esquecerse da importancia de acelerar o ritmo de vacinación. 

“Debemos vacinar máis a xente, máis rápido, e esa é a prioridade número un”. Confiou en que “todos os maiores de 49 anos” poidan estar vacinados este mesmo mes, mentres lamentou que nestes momentos non estean garantidas as doses necesarias para os menores “porque non temos vacinas suficientes”. 

“Necesitamos máis vacinas para os nenos. Sería moi bo que antes de que comecen as clases o cen por cento de nenos de 5 a 11 anos puidesen estar vacinados”, esgrimiu Feijóo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos