Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pide que se recuperen as bonificacións ás empresas en Ceuta e Melilla

Feijóo pide que se recuperen as bonificacións ás empresas en Ceuta e Melilla

O PP levará a petición ao Senado

G24.gal 29/02/2024 13:07

O Partido Popular reclama que se recuperen as bonificacións ás cotas da Seguridade Social en sectores estratéxicos de Ceuta e Melilla.

Alberto Núñez Feijóo levará ao Senado esa petición e acusa o Goberno de eliminar un sistema que permitía xerar emprego e substituílo por outro máis confuso e con máis trámites burocráticos que, segundo di, non beneficia os traballadores: 

"É un sistema que non funciona, non opera e aumenta a carga burocrática. En consecuencia, os traballadores non se benefician. O Goberno cometeu un erro, que é eliminar as bonificacións. Cometeu un segundo erro, que é substituír un sistema que funcionaba por outro que non funciona, e advertímosllo todos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade