Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pide unha "alianza europea" contra a inmigración ilegal

Feijóo pide unha "alianza europea" contra a inmigración ilegal

O presidente do PP reuniuse en Grecia co primeiro ministro heleno, o conservador Kyriakos Mitsotakis

G24.gal 13/09/2024 14:55

O presidente do PP iniciou unha xira pola Unión Europea. Este reuniuse en Atenas co primeiro primeiro ministro heleno, Kyriakos Mitsotakis, e tamén co seu ministro de Migración.

Alberto Núñez Feijóo considera necesario tecer unha "alianza europea" contra a inmigración irregular e presionar a Bruxelas para que se implique directamente na xestión da crise.

O líder popular gabou as políticas do Goberno grego nesta materia, fronte á inacción, di, do executivo español.

"A maior chegada de inmigración irregular prodúcese cando goberna o PSOE, e isto non é unha crítica, son datos concretos", asegurou Núñez Feijóo. Na súa opinión, a política de inmigración en España é "inexistente, é un problema que intenta repartir entre as comunidades autónomas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade