Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo, novo presidente do PP: "Hai fame de cambio. Xa comezou en Sevilla"

Feijóo, novo presidente do PP: "Hai fame de cambio. Xa comezou en Sevilla"

O barón galego logra o 98,35 % dos votos dos compromisarios

"Deixemos de repartir carnés. Esta é a España de todos", asegura Feijóo na promesa dunha oposición moderada

Cuca Gamarra e Elías Bendodo vano acompañar na cúpula do partido

 

G24.gal 02/04/2022 08:37 Última actualización 18:00 02/04/2022

Alberto Núñez Feijóo sae aclamado polos compromisarios no XX Congreso Nacional do PP que lle deron o 98,35 % dos votos emitidos en Sevilla. 2.619 votos favorables á súa candidatura, dos 3.111 que asistiron ao Congreso. Non tivo ningún voto en contra dos 2.663 válidos nas urnas, pero si 44 en branco e 7 nulos.

"Agora o importante é seguir xuntos para que os españois nos elixan para o seu próximo futuro".

Comezou Feijóo o seu discurso cos agradecementos a todos os militantes do PP, pero quixo comezar por darllo ao que considera o seu "amigo", o presidente Casado.

 Afirmou que seguro que o seu pai lle diría:

"A partir de hoxe quédache un día menos para ser presidente do Goberno de España"

Dixo que o seu compromiso é seguir con ilusión o traballo que lle marcan pero que precisa de todos unha gran responsabilidade para levalo a cabo. Di que ser presidente do partido é un deber non unha honra, non é un cargo, é unha carga e que teñen que facer xuntos o camiño.

No seu discurso insistiu en que cre firmemente nas nosas posibilidades, nas de España, máis que ninguén.

"Isto ten amaño e imos arranxalo todos xuntos. Os españois todos xuntos", afirmou Feijóo.

Ante os compromisarios sinalou que hai fame de cambio e ese cambio xa se iniciou en Sevilla e no PP de España.

"Saímos a gañar non a esperar quer os partidos do goberno perdan, esa é a meta" asegurou.

Feijóo dixo que non son un partido bisagra, de aspiracións pequenas.

"Somos o partido das maiorías, o partido de gobernar coas urnas, cos votos de gañar nelas".

Reclama ensanchar o partido e marca distancias con Vox. Ofrece fiabilidade ante outras formacións políticas.

"Deixemos xa de repartir carnés.  Garden os seus títulos de patriotas. Esta é a España de todos"

Tamén lle tendeu a man ao goberno nos asuntos de Estado para darlle solucións aos problemas de España e dos españois.

"Non estou aquí para insultar o presidente do Goberno, veño a gañarlle pero pídolle que nin agoche nin insulte a intelixencia da maioría dos españois". Mentres nos toque estar na oposición, faremos todo o posible para que a España lle vaia mellor" defendeu o líder popular nunha declaración de intencións.

Pero tamén de seguido matiza a súa oferta de apoio ao executivo

"Se garantimos o apoio para solucionar problemas, que non son poucos, para ningún deles tivemos ese apoio cando estabamos no Goberno, quero dicirlles que non se equivoquen: moderación non é morneza, diálogo non é sometemento. Os intereses de España non son os deste goberno. Non nos van intimidar con presións, descualificacións ou propaganda. Non lle van dicir ao PP que é o que temos que facer, pensar ou decidir en cada momento". 

Pide que a Constitución a respecte todo o mundo. Asegura que vai liderar un proxecto de entendemento e que vén a facer unha política seria, que por iso deixou Galicia, porque cre nas posibilidades de España para remontar e afirma que se sente ilusionado e esperanzado para ofrecer un goberno que practique unha política mellor para España.

"Veño a facer unha política seria, se non, non viría".

Feijóo asegura estar disposto a escoitar todas as críticas, a asumilas e afirma que hai que entregarse con modestia aos cidadáns para que te apoien. E concluíu o discurso nesa liña argumental.

"Veño a prometer solemnemente non só que lles vou pedir a confianza aos españois, senón que vou traballar para merecela", dicía aclamado polos compromisarios cando remataba a intervención.

O seu equipo

Feijóo xa revelou os nomes da cúpula do partido. José Antonio Monago será o novo presidente do Comité de Garantías e Diego Calvo presidirá o Comité Electoral. Súmanse aos dous que xa se coñecían: Cuca Gamarra, ata o de agora a voceira do PP no Congreso, que ocupará a Secretaría Xeral, e Elías Bendodo, o  "home forte" de Juanma Moreno, que será o coordinador xeneral del PP.

A listaxe completa de vogais do comité executivo nacional é a seguinte:

1. Sofía Acedo Reyes (Melilla)

2. Juan Manuel Ávila Gutiérrez (Andalucía)

3. José Manuel Baltar Blanco (Galicia)

4. Luis Barcala Sierra (Comunidade Valenciana)

5. Yolanda Bel Blanca (Ceuta)

6. José María Bellido Roche (Andalucía)

7. Ana Beltrán Villalba (Navarra)

8. Joaquín Buendía Gómez (Rexión de Murcia)

9. Emma Buj Sánchez (Aragón)

10. Francisco Conde López (Galicia)

11. Alberto Fabra Part (Comunidade Valenciana)

12. Lucia Fernández Alonso (Madrid)

13. Sandra Fernández Herranz (Illas Baleares)

14. Ramón Fernández-Pacheco Monterreal (Andalucía)

15. Cuca Gamarra Ruiz-Clavijo (A Rioxa)

16. José Manuel García-Margallo y Marfil (Comunidade Valenciana)

17. Pablo González Menéndez (Asturias)

18. María José González Revuelta (Cantabria)

19. Ana Guarinos López (Castela-A Mancha)

20. Loles López Gabarro (Andalucía)

21. María de los Llanos de Luna Tobarra (Cataluña)

22. Fernando Manzano Pedrera (Estremadura)

23. José Luis Martínez Almeida (Madrid)

24. Visitación Martínez Martínez (Rexión de Murcia)

25. Emilio Navarro Castanedo (Illas Canarias)

26. Enrique Núñez Guijarro (Madrid)

27. Iñaki Oyarzabal Miguel (País Vasco)

28. Ana Pastor Julián (Madrid)

29. Israel Pérez Jiménez (Castela-A  Mancha)

30. Óscar Ramírez Lara (Cataluña)

31. Alfonso Rueda Valenzuela (Galicia)

32. Paloma Sanz Jerónimo (Castela e León)

33. Alfonso Serrano Sánchez-Capuchino (Madrid)

34. Antonio Silván Rodríguez (Castela e León)

35. Hipólito Suárez Nuez (Illas Canarias)

Vogais por designación do Presidente:

1. Elena Candia López (Galicia)

2. María José Catalá Verdet (Valencia)

3. Pilar del Olmo Moro (Castela e León)

4. Manolo Cobo Vega (Madrid)

5. 5. José Manuel Romay Beccaría (Galicia)

E os nomes da Xunta Directiva Nacional:

1. Mario Arias Navia (Asturias)

2. Luisma Beamonte Mesa (Aragón)

3. Isabel Blanco Llamas (Castela e León)

4. Marifrán Carazo Villalonga (Andalucía)

5. José Ramón Carmona Sánchez (Andalucía)

6. Jesús Julio Carnero García (Castela e León)

7. Candido Manuel Cobo Fernández (Cantabria)

8. Borja Corominas Fisas (País Vasco)

9. María Isabel Deu del Olmo (Ceuta)

10. Conrado Escobar Las Heras (A Rioxa)

11. Manuel García Félix (Andalucía)

12. José Francisco García Fernández (Murcia)

13. Javier García Jiménez (Navarra)

14. Fabiola García Martínez (Galicia)

15. Sonia González Martínez (Castela- A Mancha)

16. Vicente Huet Ballester (Comunidade Valenciana)

17. Miguel Jorge Blanco (Illas Canarias)

18. José Antonio Martín Buro (Castela-A Mancha)

19. Mari Ángeles Pallarés Cifre (Comunidade Valenciana)

20. Beltrán Pérez García (Andalucía)

21. Rebeca Pérez López (Murcia)

22. Juan Francisco Pérez Llorca (Comunidade Valenciana)

23. Judith Piquet Flores (Madrid)

24. Manuel Quevedo Mateos (Melilla)

25. Jordi Roca i Mas (Cataluña)

26. Raquel Sánchez Collado (Illas Baleares)

27. Inmaculada Sánchez Polo (Estremadura)

28. Ángeles Vázquez Mejuto (Galicia)

29. Marta Vela Sánchez (Illas Canarias)

30. José Manuel Zarzoso Revenga (Madrid). EFE

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade