Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pídelle a Sánchez que convoque a Conferencia de Presidentes para abordar o problema migratorio

Feijóo pídelle a Sánchez que convoque a Conferencia de Presidentes para abordar o problema migratorio

O líder dos populares critica que o Goberno reduza o problema "á repartición de menores entre as autonomías"

Feijóo non aclara se o PP vai apoiar a reforma da lei de estranxeiría

G24.gal 15/07/2024 21:05 Última actualización 15/07/2024 21:31

Alberto Núñez Feijóo evita pronunciarse sobre se o PP vai apoiar a reforma da lei de estranxeiría.  O PSOE, Sumar e Coalición Canaria rexistraron este luns no Congreso a nova proposta que establece a repartición obrigatoria de menores migrantes non acompañados no caso de que un territorio estea colapsado.

O líder dos populares, nun foro organizado por La Razón dixo que "non é serio" que o Goberno reduza o problema a unha "repartición de menores, dixo Feijóo,  entre as autonomías". Reprochoulle tamén ao Executivo que "non fale" coas comunidades pois pídelle a Pedro Sánchez que convoque a Conferencia de Presidentes e que, ademais, declare a emerxencia migratoria nacional.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade