Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pregunta se o Goberno cala ante a "fraude" en Venezuela por "compromisos" de Zapatero

Feijóo pregunta se o Goberno cala ante a "fraude" en Venezuela por "compromisos" de Zapatero

O líder do PP di que o executivo de Sánchez  "cala e consente que Maduro persiga os disidentes políticos e non respecte os dereitos humanos"

G24.gal 24/08/2024 12:08

Á situación postelectoral de Venezuela referiuse esta fin de semana o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo. Sostén que houbo unha fraude electoral e que  "o lóxico é esixir que se respecte a decisión do pobo venezolano".

Feijóo cuestiónase por que o Goberno de Sánchez segue calado ante este caso e di se será por Zapatero ou polas maletas do caso Delcy, no que estivera implicado o ex-ministro Ábalos:

"Será porque o expresidente Zapatero ten compromisos co réxime de Maduro? Será polo que viña naquelas maletas da vicepresidenta venezolana que foron recoller membros do Goberno ao aeroporto de Baraxas? Será polos intereses do Goberno cos intereses de Maduro que poidan ser coincidentes?".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade