Cargando resultados...
Feijóo promete volver o ano que vén á romaría do Pino como presidente de España
Feijóo promete volver o ano que vén á romaría do Pino como presidente de España
Feijóo e Rueda clausuran a romaría popular que se celebra cada ano neste concello
Critica a visita de Sánchez á Coruña e cre que debería aprender da xestión da Xunta
Feijóo e Rueda con Manuel Taboada, alcalde do Pino
G24.gal
29/04/2023 14:41
Última actualización 29/04/2023 14:59
O presidente do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, e o do galego, Alfonso Rueda, clausuran a romaría que organiza o partido no concello coruñés do Pino.
Máis de 700 persoas participaron nun acto que, en palabras do alcalde, Manuel Taboada, constitúe o pistoletazo de saída da campaña para as eleccións do 28 de maio.
Os dous dirixentes populares criticaron a visita que fixo este vneres a Galicia Pedro Sánchez. Rueda reiterou o apoio a Feijóo para chegar á Moncloa e o líder do PP comprometeuse a volver o próximo ano xa como presidente do Goberno de España.