Feijóo reitera o seu compromiso político cos venezolanos tras verse con Edmundo González
Feijóo reitera o seu compromiso político cos venezolanos tras verse con Edmundo González
O Goberno rexeita as acusacións de terrorismo vertidas por Maduro contra os dous españois detidos
A misión da ONU para Venezuela di que o Goberno de Maduro comete crimes de lesa humanidade
Esta tarde comeza no Parlamento Europeo o debate para decidir se declara presidente lexítimo de Venezuela a González Urrutia
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, reiterou estar totalmente comprometido "política e moralmente" co pobo venezolano, tras reunirse no Congreso co líder opositor Edmundo González: "Sempre á beira dos demócratas".
A través da rede social X, na que Feijóo se referiu a Edmundo González como "o presidente electo de Venezuela", mostrou tamén algunhas fotografías posando con este no hemiciclo e noutras dependencias da Cámara.
Hoy he tenido el honor de entrevistarme con el presidente electo de Venezuela en el @Congreso_Es, donde ha sido reconocido como tal.
— Alberto Núñez Feijóo (@NunezFeijoo) September 17, 2024
Estoy totalmente comprometido política y moralmente con el pueblo venezolano. Siempre al lado de los demócratas. pic.twitter.com/UdmYqtA6vV
A visita prodúcese despois de que a semana pasada o Congreso apoiara unha iniciativa do grupo popular para instar o Goberno a recoñecer a Edmundo González como presidente lexítimo de Venezuela, que saíu adiante grazas aos votos do PNV.
Precisamente esta tarde comeza no Parlamento Europeo o debate para decidir se declara presidente lexítimo de Venezuela a González Urrutia. Os populares impulsaron na Eurocámara unha resolución semellante á que se aprobou no Congreso dos Deputados a semana pasada co voto en contra do PSOE. A votación será o xoves.
O debate chegará horas despois de que Maduro acusara de "terrorismo" os dous españois detidos no seu país. Pero non dá nin un dato. Nin onde están, nin o seu estado, nin as probas que ten contra eles. Insiste en que son axentes encubertos do CNI e despreza as declaracións dos pais que aseguran que estaban de vacacións.
Acusacións que rexeita categoricamente o goberno de España, segundo sinalou en conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, a voceira, Pilar Alegría. As xestións diplomáticas por parte da embaixada de España non cesan, pero, de momento, sen resultados. O Goberno venezolano nega toda a información. Di o executivo español que están verificando toda a información e facéndolla chegar aos familiares.
A misión da ONU para Venezuela di que o Goberno de Maduro comete crimes de lesa humanidade de persecución por motivos políticos. Segundo os expertos de Nacións Unidas, goberno venezolano esmaga a oposición con accións que non son nin "illadas nin aleatorias".