Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo reivindica o autonomismo como o mellor proxecto de convivencia

Feijóo reivindica o autonomismo como o mellor proxecto de convivencia

Rexeita desde Gernika as cesións ao nacionalismo excluínte

G24.gal 23/10/2023 19:54 Última actualización 23/10/2023 20:16

Alberto Núñez Feijóo defendeu o autonomismo nun acto conmemorativo do Estatuto de Gernika. Defendeu que o estado autonómico e a Constitución teñen futuro e criticou os nacionalismos excluíntes. Tamén que Pedro Sánchez se apoie para seguir gobernando nos que seguen esixindo a autodeterminación.  

"A autodeterminación non ten cabida no noso ordenamento e socava a soberanía do pobo. A convivencia é posible e necesaria sempre e cando a convivencia non sexa connivencia ou imposición dos nacionalistas fronte aos que non o somos", dixo Feijóo ante a árbore de Gernika.

Tamén foi a despedida simbólica de Carlos Iturgaiz como líder dos populares vascos. Nun acto cargado de mensaxes preelectorais, Feijóo pediu que coa nova dirección sexa cada vez máis "o PP de Euskadi e non o PP en Euskadi".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade