Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo vaise ver este martes con Abascal dentro da súa rolda de contactos

Feijóo vaise ver este martes con Abascal dentro da súa rolda de contactos

Será o segundo encontro do líder do PP en busca de apoios para a investidura tras a xuntanza da semana pasada con Pedro Sánchez

Alberto Núñez Feijóo e Santiago Abascal (EFE/Rodrigo Jiménez) Alberto Núñez Feijóo e Santiago Abascal (EFE/Rodrigo Jiménez)
G24.gal 04/09/2023 11:57

O líder do PP Alberto Núñez Feijóo vaise reunir este martes co líder de Vox Santiago Abascal dentro da súa rolda de contactos para buscar apoios ante o debate de investidura dos próximos días 26 e 27 deste mes.

A reunión con Abascal, que anunciou Vox nun comunicado e confirman fontes do PP, será a segunda que Feijóo manteña tras verse o pasado mércores co secretario xeral do PSOE e presidente en funcións Pedro Sánchez.

Feijóo conta xa co si de Vox á súa investidura, que Abascal confirmou na rolda de consultas celebrada polo rei Filipe VI para propoñer candidato.

O encontro entre ambos producirase ademais despois de que PP e Vox alcanzasen un acordo para gobernar en coalición a Rexión de Murcia que evita a repetición electoral.

Feijóo e o grupo parlamentario do PP contactarán co resto de forzas, fóra de EH Bildu, de maior a menor representación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade