Publicador de contidos
Publicador de contidos

Núñez Feijóo, sobre o caso Pegasus: "O aquelarre político prosegue"

Núñez Feijóo, sobre o caso Pegasus: "O aquelarre político prosegue"

O presidente do PP agarda que Pedro Sánchez aclare quen mandou espiar os políticos cataláns e con que obxectivo

G24.gal 05/05/2022 14:53

O presidente do PP Alberto Núñez Feijóo agarda que Pedro Sánchez dea máis detalles na comparecencia que fará pola presunta espionaxe co programa Pegasus. Feijóo, na súa derradeira conferencia de prensa tras reunir o Consello da Xunta, dixo que espera que o presidente do Goberno aclare quen mandou espiar os políticos cataláns e con que obxectivo.

O líder dos populares cualificou de "alarmante" o que se sabe ata agora sobre este caso e de "inaudito" o desencontro entre os socios de goberno e parlamentarios.

"Imos seguir sendo responsables e non espirnos diante de todo o país para acreditar a falta de seguridade do Estado español denunciada polo Goberno español. Iso é inaudito. E é o que vimos o 2 de maio, e o aquelarre político en que están prosegue", afirmou Feijóo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade