Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo sospeita do ultimato de Sánchez sobre o Poder Xudicial nun "contexto de corrupción"

Feijóo sospeita do ultimato de Sánchez sobre o Poder Xudicial nun "contexto de corrupción"

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo acusa ao Goberno nunha entrevista no xornal La Razón de buscar "atarlles as mans tanto a xuíces como a prensa"

Asegura que "Sánchez enganou coa amnistía a Puigdemont"

Alberto Núñez Feijóo durante a entrevista co xornal 'La Razón'
G24.gal 16/06/2024 10:07

O líder do PP, Alberto Núñez Feijoo, ve "sospeitoso" que o ultimato do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial coincida cun "contexto de corrupción" que afecta o seu partido, ao seu Goberno e á súa contorna familiar.

Así o asegura nunha entrevista en La Razón, na que denuncia que o Goberno estrangulou "conscientemente" ao CXPX  "e agora, cando está rodeado de problemas nos xulgados, é cando lles volven a entrar as présas" por tomar o seu control e por facer unha reforma que "non respecta a Constitución".

Feijióo insiste en que o PP quere reformar o Poder Xudicial "con garantías de independencia" nos nomeamentos e en que "quen quere controlalo é quen se nega a introducir reformas para desvinculalo do poder político", como recomenda o Consello de Europa.

Tras subliñar que non van aceptar "ningunha chantaxe que condicione a independencia do Poder Xudicial", sinala que ten a sensación de que estamos ante unha fin de ciclo porque o Goberno está "á deriva e paralizado", sen maioría no Congreso para aprobar nada e sometido outra vez ao independentismo.

Preguntado sobre a lei de amnistía, Feijóo ten claro que é "inaplicable" porque é "contraria ao Estado de Dereito, á Constitución e aos tratados europeos", e que, por tanto, Pedro Sánchez enganou ao expresidente Carles Puigdemont.

Sobre a posibilidade de presentar unha moción de censura, asegura que, sen dúbida, o Goberno merece unha censura parlamentaria, aínda que lembra que "non dan os números para sacala adiante" e queda con que Sánchez acaba de recibir unha censura nas urnas.

Á pregunta de se Junts é un partido co que se pode dialogar, recalca que teñen representación no Congreso e que só se marcaron unha liña clara: falar "con todos menos con aqueles que teñen un pasado relacionado co terrorismo".

Pero subliña que "falar non é pactar nin ceder" e insiste en que no seu partido "sempre foron moi claros" sobre o que están dispostos a negociar e sobre o que non teñen nada que falar, e neste último punto inclúe un referendo ou un pacto fiscal para Cataluña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade