Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo teme que os indultos a etarras sexan o seguinte paso do pacto de Otegi e Sánchez

Feijóo teme que os indultos a etarras sexan o seguinte paso do pacto de Otegi e Sánchez

O líder do PP denuncia a dobre moral do PSOE con EH-Bildu

Asegura que España é un país baixo sospeita pola lei de amnistía

Alberto Núñez Feijóo, na entrevista de Servimedia
G24.gal 30/12/2023 19:58 Última actualización 30/12/2023 20:28

O líder do Partido Popular asegura que España é un país baixo sospeita de incumprir o Estado de Dereito pola lei de amnistía que se tramita no Congreso. Núñez Feijóo tamén se referiu á moción de censura que lle deu a alcaldía de Pamplona a EH-Bildu cos votos do PSOE. O líder do PP cre que o seguinte paso do pacto entre Otegi e Sánchez será indultar etarras.

"O pacto encarapuchado de Otegi e de Sánchez que nunca se fixo público e que se negou sempre que conlevase a alcaldía de Pamplona, pois ao final si. Estaremos moi atentos a se o seguinte pagamento con Bildu é indultar a presos con delito de sangue da ETA. O fariseísmo e a dobre moral que vimos onte forman parte xa da historia do partido socialista e creo que ese partido non merece acabar así".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade