Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo considera un "exceso" manter a máscara en exteriores

Feijóo considera un "exceso" manter a máscara en exteriores

Critica que se incluíra no mesmo decreto que a suba de pensións

G24.gal 02/02/2022 15:30

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu pedir hoxe volver á norma anterior ao Nadal sobre o uso da máscara ao aire libre, é dicir, que sexa obrigatoria só no caso de aglomeracións. Feijóo lamenta que o Goberno non escoite as comunidades e critica o xeito de aprobar o decreto no Congreso.

"É un exceso insistir na máscara en exteriores como se estiveramos nas festas de Nadal, polo que imos recomendar volver á lexislación anterior. Acabamos de ver unha filigrana parlamentaria inaudita como é meter ese tema no mesmo decreto para aprobar a suba das pensións máis baixas. Sorprende tamén que se levara ao Congreso sen que previamente pasara por unha reunión coas comunidades autónomas. Polo tanto, a cogobernanza da que falan é, neste caso, pantasma", afirmou o presidente da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade