Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido grave un peón atropelado en Melide

Ferido grave un peón atropelado en Melide

Alertou do accidente outro home ao atopalo tirado na cuneta

Lugar onde apareceu ferido o peón, no concello de Melide, este martes preto do mediodía Lugar onde apareceu ferido o peón, no concello de Melide, este martes preto do mediodía
G24.gal 24/05/2022 13:33

Un home de 76 anos quedou ferido grave tras atropelalo un vehículo no concello de Melide. Foi outro quen alertou os servizos de urxencia ao atopalo tirado na cuneta. Ao lugar desprazouse un helicóptero medicalizado.

A Garda Civil de Tráfico informa de que a vítima estaba consciente e lembra o importante que, para máis seguridade como peón ou ciclista, convén levar elementos reflectores e así, facerse ver na estrada. Iso sempre. Máis aínda en mañás como a de hoxe en que a chuvia reduce a visibilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade