Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido grave un home de 72 anos que cortou a cara cunha motoserra

Ferido grave un home de 72 anos que cortou a cara cunha motoserra

Ante a aparatosidade das feridas, os familiares que se atopaban nese momento na casa avisaron o 112, que rapidamente mobilizou un helicóptero medicalizado, unha ambulancia do 061 e os bombeiros de Cee

G24.gal 04/08/2022 14:02

No lugar de Vilar, en Dumbría, todo o mundo está preocupado polo estado de José, o veciño de 72 anos que este mércores quedou ferido gravemente mentres cortaba leña cunha motoserra.

Estrella Castelo, unha das primeiras veciñas en chegar ao lugar do accidente, dixo que sangraba moito e que nun primeiro momento pensou que se cortara nunha perna. Estrella dixo que foi a cinta da motoserra a que saltou cortándoo no nariz e nos beizos. Asegura que se fose toda a motoserra levábao por diante.

Ante a aparatosidade das feridas, os familiares que se atopaban nese momento na casa avisaron o 112, que rapidamente mobilizou un helicóptero medicalizado, unha ambulancia do 061 e os bombeiros de Cee.

José Ferrío, sarxento do parque de bombeiros de Cee, dixo que cando chegaron o ferido, de 72 anos, xa estaba a ser atendido polos sanitarios. 

Cando chegaron atoparon a José moi nervioso pero consciente. Os sanitarios estabilizárono e limpáronlle as feridas antes de trasladalo ao hospital Clínico Universitario da Coruña.

Estrella Castelo, veciña do ferido, confirmounos que José foi operado de madrugada e que se atopa estable dentro da gravidade.

Fontes hospitalarias confirmábannos pouco despois que José xa está en planta, onde evoluciona favorablemente das feridas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos