Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido un menor tras explotar a batería dun patinete eléctrico

Ferido un menor tras explotar a batería dun patinete eléctrico

Como consecuencia da explosión, produciuse un pequeno incendio na vivenda 

O mozo, de 17 anos, foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

G24.gal 10/03/2023 10:36

Un mozo de 17 anos quedou ferido na Coruña tras a explosión da batería dun patinete eléctrico. Segundo informa o servizo de Emerxencias, o estoupido provocou a rotura dunha xanela e acumulación de fume no interior do inmoble, localizado na avenida de Fisterra.

Os xestores do 112 solicitaron a intervención dos servizos sanitarios e dos Bombeiros da Coruña, que comprobaron que o incendio afectara unha cadeira e a outros obxectos que se atopaban próximos ao vehículo de mobilidade persoal.

O rapaz tivo que ser evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade