Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido un traballador ao caer desde o tellado dun edificio de seis andares da Coruña

Ferido un traballador ao caer desde o tellado dun edificio de seis andares da Coruña

O traballador caeu enriba dun ascensor, que se atopaba parado no primeiro andar

Momento da evacuación do traballador ferido Momento da evacuación do traballador ferido
G24.gal 05/12/2024 19:45

Un traballador quedou ferido despois de precipitarse desde o tellado dun edificio de seis plantas e caer encima do ascensor, que se atopaba parado no primeiro.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o operario atopábase traballando no tellado dun inmoble da rúa de San Andrés cando, minutos despois das 16:30 horas, caeu polo oco do ascensor ata o primeiro piso.

Ata a zona mobilizáronse os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 para socorrer ao traballador, que se atopaba consciente despois do accidente. Tamén acudiron ao edificio os bombeiros, Policía Nacional e Local e voluntarios de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade