Un barco chinés perde a carga a 150 millas ao norte da Coruña
Un barco chinés perde a carga a 150 millas ao norte da Coruña
O barco chinés transportaba dous enormes guindastres, que finalmente caeron ao mar
O buque sufriu o venres un corremento da carga e Salvamento marítimo desprazou á zona o Alonso de Chaves e a Beteldeuse
Os guindastres que transportaba o mercante Shang De Wu Yi Shan quedaron esnaquizados
O mercante chinés solicitou abrigo na ría de Ares este venres despois de que tivera un corremento da carga e se viñeran abaixo os dous enormes guindastres que cargaba e nun día no que había alerta laranxa por mar combinado.
O buque Shang De Wu Yi Shan saíu hai uns días en Bremen, Alemaña, e na noite do venres ao sábado caeron os dous guindastres cando o buque navegaba fronte ás costas da Coruña en dirección a Tailandia, a onde se dirixía co cargamento.
Á súa chamada de socorro respondeu Salvamento Marítimo enviando o remolcador Alonso de Chaves e a Salvamar Betelgeuse, porque o cargueiro sufrira danos considerables no casco, pero o buque podería seguir navegando porque non sufrira danos na ponte de mando.
O cargueiro chinés puido abrigarse na ría de Ares. Alí, este sábado, Capitanía Marítima comezou a inspeccionar os danos ocasionados polos guindastres que poden pesar preto das 1.000 toneladas.
O accidente ocorreu xusto antes da alerta cometida pola AEMET polo risco de mar combinado en todo o norte de España.