Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernán Ferreiroá: "Creo que o Celta debera volver á política de canteira que tan bos froitos lle deu"

Fernán Ferreiroá: "Creo que o Celta debera volver á política de canteira que tan bos froitos lle deu"

"En Polonia teño xogado a -20º, saír xogar e non dar pé con bóla e dicir: deixo o fútbol"

G24.gal 07/07/2022 15:45 Última actualización 07/07/2022 11:55

Por Zona mixta pasou o canteirán do Celta Fernán Ferreiroa. O de Nigrán acaba de aterrar na liga de Chipre logo de pasar por algunhas como a de Azerbaixán ou a de Polonia nos últimos anos e falounos da súa experiencia internacional e, como non, do Celta e de Brais Méndez

Recuperando a sensación da praia

En Chipre está volvendo sentir o que tiña nas praias galegas, no seu Nigrán natal, de feito a liga no país comeza en agosto e xa vai moito calor aló, en plena tempada turística na illa.

"Estamos a trinta e pico graos, con dicir que nos adestramos ás 7 da mañá"

"Nada que ver con Polonia, lembro estar nunha praia aló e vela toda branca pola neve, nunca me pasara"

"Nunha ocasión estaba en Polonia a -17º ou -27º, nin lembro, eu partía do banco e o míster mandoume quecer. Saín ao campo e nos primeiros quince minutos perdín os cinco balóns que me pasaron. O míster rifábame e pensei: eu deixo o fútbol"

O Celta e Brais Méndez

"Coincidín con Brais na canteira e xa apuntaba moi boas maneiras. Estou seguro de que vai triunfar na Real Sociedade"

"Creo que o Celta, tamén con vistas á afección, debera volver á política de canteira que lle foi moi ben"

Fernán Ferreiroá co representante que o levou a Chipre Fernán Ferreiroá co representante que o levou a Chipre
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade