Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernández Mañueco, elixido presidente de Castela e León co apoio de PP e Vox

Fernández Mañueco, elixido presidente de Castela e León co apoio de PP e Vox

A oposición votou en bloque contra el

O debate de investidura durou sete horas 

Nacho Gallego/ EFE
G24.gal 11/04/2022 22:00

O presidente electo da Junta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco do Partido Popular, defendeu este luns o acordo de coalición con Vox que lle valeu para ser investido en primeira votación no debate de investidura e no que se apoiou para rexeitar as críticas e leccións da oposición en materia de pactos. 

Arredor de sete horas durou o debate nas Cortes de Castela e León. Mañueco recibiu o apoio dos 31 procuradores do PP e os 13 de Vox. Esto outorgoulle 44 votos, tres por riba dos 41 necesarios para alcanzar a maioría absoluta neste parlamento. A oposición votou en bloque en contra de facelo presidente: PSOE (28), UPL (3), Soria Ya (3), Unidas Podemos (1), Ciudadanos (1) e Por Ávila (1).

No seu discurso de apertura, Mañueco explicou o seu acordo de lexislatura con VOX no que matizou aspectos como a violencia de xénero, a visión sobre Europa e o papel do diálogo social. 

Pediu que non haxa prexuízos nin ataques preconcibidos contra o futuro goberno que, dixo, confía que sexa forte, sólido e eficaz para os vindeiros catro anos.

O dirixente autonómico de Vox, Juan García Gallardo, converterase a vindeira semana en vicepresidente doa Junta de Castella e León, e o seu partido entra por vez primeira nun goberno autonómico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade