Publicador de contidos
Publicador de contidos

O socialista Fernández Vara anuncia que se presentará á investidura en Estremadura

O socialista Fernández Vara anuncia que se presentará á investidura en Estremadura

O presidente da Junta de Extremadura en funcións pídelle ao PP que se absteña para posibilitar a súa elección

A decisión chega despois de que este martes PP e Vox non conseguiran chegar a un acordo de investidura

G24.gal 21/06/2023 17:47 Última actualización 21/06/2023 18:10

O presidente da Junta de Extremadura en funcións, Guillermo Fernández Vara, anunciou este mércores que presentará a súa candidatura para ser investido de novo, ao ser o PSOE o máis votado nos comicios do 28M e ante o desencontro deste martes entre PP e Vox.

Vara pediu ao resto de formacións que se absteñan e que se permita gobernar a lista máis votada, que é a do PSOE, "e deixen de xogar con Estremadura", á que PP e Vox utilizan como "laboratorio" para facer as súas experiencias.

O presidente en funcións cualificou de frivolidade, as palabras da candidata popular ao dicir "se hai que ir a eleccións de novo, vaise".

Ao seu xuízo, estas palabras de María Guardiola son "de enorme gravidade", xa que non lle importa que haxa que gastar de novo máis de dous millóns de euros, que non haxa novo goberno ata xaneiro de 2024, non haxa presupostos ou corran risco de certificación os proxectos acollidos a fondos europeos.

Ante a posibilidade de que se repitan os comicios, asegurou que non ten pensado se se presentará de novo como candidato, e engadiu que o vindeiro venres hai executiva do PSOE e comité rexional e aí empezaranse a esbozar as datas e a nova situación.

Fernández Vara sinalou ademais que a pesar das críticas que Guardiola fixo onte a Vox, si permitiu acordos con esta formación para gobernar en concellos estremeños e ofrecéuselle a Vox presidir a Asemblea e o senador por designación autonómica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade