Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernando Santos e Caneda recuperan as apertas 26 anos despois

Fernando Santos e Caneda recuperan as apertas 26 anos despois

G24.gal 11/11/2021 15:28

O programa Convivir da Radio Galega xuntou esta mañá a Fernando Santos e a Xosé María Caneda.

Hai 26 anos racharon a súa relación. Por momentos trataron de reconducila, pero Fernando Santos deixou o Compostela en 1995. Santos é o adestrador, único adestrador en España que levou un equipo de Terceira División a Primeira División: o Compostela.

E hoxe volveron reunirse co gallo dun programa de radio arredor da figura do adestrador de Lourido. Fernando Santos e Xosé María Caneda. Pasaron 26 anos. Hoxe todo se percibe doutra maneira.

"Hai decisións que non teñen marcha atrás. Se fose agora seguiriamos máis tempo", comentou Castro Santos.

"A miña relación con el tiña que ser como a de Bobby Robson co Manchester United", asegurou Caneda.

Bobby Robson ou Alex Ferguson, valía calquera opción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos