Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernando Vázquez recupérase logo de sufrir un infarto

Fernando Vázquez recupérase logo de sufrir un infarto

O antigo adestrador de Deportivo e Celta foi intervido o martes

G24.gal 27/06/2024 13:26

Fernando Vázquez estase recuperando dun infarto sufrido nos últimos días. O antigo adestrador do Celta e do Deportivo está hospitalizado, en planta. Foi intervido o martes tras sufrir unha indisposición. Vázquez fará setenta anos no mes de outubro.

O de Castrofeito ten 70 anos e o último equipo que adestrou foi o Deportivo, na temporada 20-21 despois dunha longa traxectoria que o levou ao Compostela, Betis, As Palmas, Mallorca, Raio Vallecano ou os dous grandes do fútbol galego. Vázquez vive con paixón o deporte que practicaba case de xeito diario desde que deixou o fútbol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade