Publicador de contidos
Publicador de contidos

Héber Pena marcha dun Rácing que renova o lateral Brais Martínez

Héber Pena marcha dun Rácing que renova o lateral Brais Martínez

G24.gal 29/06/2024 21:13

Día de movementos no Rácing. Vai seguir no equipo por terceira temporada Brais Martínez, segunda no fútbol profesional. O lateral esquerdo de Baiona de 22 anos xogou 26 partidos a temporada pasada. Brais chegou procedente do Bergantiños, da Segunda Federación, e consolidouse no primeiro equipo departamental. 

Por outra banda, xa é oficial a marcha de Héber Pena. Formado no Rácing, o futbolista levaba tres temporadas desde o seu último regreso a Ferrol. Nesta última en Segunda xogou 37 partidos, 24 como titular. Marcou 5 goles e foi o cuarto maior asistente da Liga, con 8 pases de gol. Deixa o club con 34 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar