Publicador de contidos
Publicador de contidos

A expensas do vento e do sol, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A expensas do vento e do sol, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 15/01/2025 08:02

España está nunha situación enerxética complexa, ten enerxía renovable, pero non tanta como para vivir á marxe dos prezos mundiais do petróleo e do gas. Temos unha excesiva dependencia do vento e do sol, e en ausencia da climatoloxía oportuna temos que tirar do gas. E aquí, o problema, se os prezos mundiais están moderados, e ata agora estábano, dado o arrefriamento da China, non pasaba nada. Ou pasaba, pero non era tan evidente para o consumidor. Pero non é a situación actual. As sancións aprobadas pola administración norteamericana previsiblemente reduzan a oferta mundial nun millón de barrís de petróleo, máis ou menos o equivalente a un 1 % da produción mundial. Esta ameaza está poñendo en tensión os prezos e impactando directamente nos nosos fogares.

É fundamental que, como quere a Xunta de Galicia, unha parte da nosa enerxía, de carácter renovable, termine alimentando a nosa industria, pero mentres isto non suceda, estamos a expensas do vento, do sol e dos conflitos xeopolíticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade