Publicador de contidos
Publicador de contidos

Italia xa nin decepciona; Suíza, a cuartos (2-0)

Italia xa nin decepciona; Suíza, a cuartos (2-0)

Suíza imponse con goles de Freuler e Vargas a unha estéril Italia

G24.gal 29/06/2024 20:14

Partido entres dous equipos cunha imaxe moi diferente, unha Italia que decepcionaba e non asustaba a ninguén dos seus rivais, e unha Suíza moi ordenada, coas cousas claras e un dos rivais a evitar polas favoritas nesta primeira ronda. E así foi o partido, Italia foi incapaz de crear perigo nunha primeira parte na que Suíza fixo co combinado italiano o que quixo e máis, e logrou chegar con vantaxe ao descanso.

Na segunda parte, nada máis comezar, o extremo Vargas invéntase un golazo pola escuadra, nada puido facer Donnarumma, a única nota positiva desta selección. A partir do 2-0 Suiza cedeu o balón a Italia, que sí empezou a xerar perigo, de feito tivo ata dous paus que impediron a os de Spalletti meterse no partido. 

Os 90 minutos foron un fiel reflexo de como chegaban as dúas seleccións a este partido, unha Italia impotente, e unha Suiza, que pese a que sufriu de máis nalgúns minutos, preséntase como unha clara candidata a alcanzar a final desta Eurocopa polo lado máis debil do cuadro. Agora Suíza espera rival, o gañador do Inglaterra-Eslovaquia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos