Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferrol convértese na capital do marisco de Galicia durante a Semana Santa

Ferrol convértese na capital do marisco de Galicia durante a Semana Santa

 II Festa do Marisco da Semana Santa

Ata o domingo poderanse degustar os produtos da ría de Ferrol a prezos populares

Produto da ría na Festa do Marisco de Ferrol
G24.gal 29/03/2024 14:56 Última actualización 29/03/2024 16:21

 "Pasabamos e chegounos un recendo, uiii isto que é? que recendo, que ben ole, e metémonos aquí e aquí estamos co viñiño", comenta unha turista andaluza.

Para a marioría dos turistas que estes días están en Ferrol, esta festa do marisco foi unha sorpresa tan grande, coma o sol que luciu este venres despois de días sen parar de chover. As gaitas anunciaban fóra que algo bo se estaba cocendo dentro.

 "Marchabamos para o hotel e pasamos e escoitamos as gaitas e entramos", apunta outra.

E dentro atoparon unha festa de degustación de marisco a prezos moi populares, organizada por segundo ano consecutivo pola confraría de pescadores para dar a coñecer as excelencias dos seus produtos.

 "Este proxecto vén sobre todo porque na ría de Ferrol temos moi bos mariscos, pero ás veces descoñecidos mesmo para  a xente de aquí da cidade, non saben que temos estas vieiras, as zamburiñas, estas ameixas e pensan que o marisco bo está noutras rías e non temos nada que envexarlles a outras rías", explica Gustavo Chacartegui, patrón maior da confraría de Ferrol.

E se non que llelo pregunten a quen xa tivo a oportunidade de degustalo.

 "Todo boísimo, comemos uns mexillóns, unhas navallas, empanada e tivemos que ir a por máis porque quedamos con ganas", conta un turista vasco

A Festa do Marisco de Ferrol permanecerá no peirao de Curuxeiras ata este domingo, en horario de mañá e noite.

 "Galicia, por Galicia por Ferrol e a choiva e un pouquiño por Andalucía, dende Granada a Ferrol", brindaban uns comensais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade