Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferrol prepara con ilusión as catro procesións do Mércores Santo

Ferrol prepara con ilusión as catro procesións do Mércores Santo

Tamén é o día do viacrucis dos homes en Viveiro

G24.gal 13/04/2022 16:04

Os programas de Semana Santa vanse intensificando nesta xornada previa aos días festivos. 

En Ferrol traballan contra o reloxo nos preparativos das catro procesións previstas para esta tarde. Tras dous anos de espera, a ilusión é máxima.

Ás sete e media está previsto que saia a Nosa Señora dos Cativos e o Cristo Redentor se o tempo o permite. Un paso que este ano terá unha dedicatoria especial.

Ás sete e media tamén sairá  en procesión polas rúas do Ferrol Vello o Cristo dos Navegantes; un paso moi vencellado á xente do mar e o único que sae polo interior do arsenal militar.

A xornada complétase cos pasos do Cristo do Perdón e María dos Desamparados, e a procesión da Penitencia xa pola noite.

En Viveiro, o Mércores Santo é o momento do viacrucis dos homes. Sairá ás dez da igrexa de San Francisco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos