Publicador de contidos
Publicador de contidos

Festín de goles en Pasarón (4-1)

Festín de goles en Pasarón (4-1)

Rufo e Álex González, ambos por partida dobre, déronlle a vitoria os de Yago Iglesias

O Pontevedra pónse líder con este resultado

G24.gal 17/12/2023 18:56

Comezou igualado o encontro, distinto a como acabou. No minuto 17, Nájera fixo un golazo ao rematar un centro lateral co calcaño. O filial do Dépor tiña o balón pero era o Pontevedra quen poñía as ocasións. Axiña remontou o partido o Pontevedra. No primeiro Álex González empurrouna desde a fontal da área pequena. No segundo, Rufo aproveitou un rexeita da defensa visitante e cruzou o seu golpeo para superar a Ríos. 

Na segunda metade o Pontevedra seguiu chegando a porta visitante. Bustos enviou lambendo o pau unha cabezada e Samu Mayo enviou arriba o seu disparo desde a frontal. Os de Óscar Gilsanz tiveron unha ocasión moi clara para poñer, o que sería nese momento, o empate. Colgouna Jairo e o disparo desde o punto de penalti foi rexeitado por Garay na liña de gol. Pouco despois o remate acrobático de Matías foi detido por unha gran man de Edu Sousa. O Pontevedra volveu a atacar. Rufo mandou un balón a pau. Nos derradeiros minutos, estas ocasións acabaron en goles. Álex González aproveitou a falta de comunicación entre Ríos e Pereira, apañou o balón e marcou a porta baleira. Despois, o propio Álex González deixou que Rufo fixera o 4-1 tamén a porta baleira.

Os de Yago Iglesias son líderes despois desta cómoda vitoria, empatados a puntos co Ourense C. F. O Fabril, pola contra, cae ao posto de promoción de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar