Publicador de contidos
Publicador de contidos

Filipe VI viaxa a Kuwait para mostrar as súas condolencias pola morte do emir

Filipe VI viaxa a Kuwait para mostrar as súas condolencias pola morte do emir

O rei modifica a súa axenda oficial

G24.gal 18/12/2023 14:59

O rei Filipe VI non estivo presente na entrega de despachos aos novos fiscais, ao ter que viaxar de urxencia a Kuwait. O monarca modificou a súa axenda oficial tras a morte do emir de Kuwait, ata onde se desprazou para presentar as súas condolencias.

O emir, de 86 anos, fora ingresado en novembro por problemas de saúde. O Goberno kuwaití decretou tres días festivos e 40 de loito oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade