Fin de semana de festa de exaltación dos pementos galegos
Fin de semana de festa de exaltación dos pementos galegos
Na Arnoia celebran durante toda a fin de semana a XLIV edición da súa Festa do Pemento, onde poden degustar o seu produto estrela en diferentes preparacións
Na Parroquia de Herbón, en Padrón, van pola XLIII Festa do Pemento, un dos máis coñecidos no mundo
A Festa do Pemento de Mougán celebra a súa XXV edión e en Oímbra festexan este domingo os 26 anos de historia da festa do seu pemento
O mes de agosto é o mes por excelencia das festas gastronómicas, que se van celebrar nunha morea de localidades galegas. Esta primeira fin de semana o protagonista é o pemento. Na parroquia de Herbón, en Padrón, na Arnoia e en Mougán no concello de Guntín, enxalzan con diferentes degustacións o seu produto estrela.
Os fogóns acendidos non paran de fritir pementos esta fin de semana. Na Arnoia xa comezaron o venres e ata o domingo van preparar uns 3.000 quilos.
Arrecende a pemento no recinto da Queixeira. E son moitos os que que se achegan para probar unha degustación do pemento da Arnoia en diferentes preparacións.
E de sobremesa teñen xelado de pemento. Un produto con Indicación Xeográfica Protexida e unha festa declarada de Interese Turistico de Galicia con 44 anos de historia
E 43 edicións levan na parroquia de Herbón, en Padrón, exalzando os seus pementos mundialmente coñecidos. Aquí hoxe van preparar unhas 3.000 racións. E algo menos coñecidos, os pementos de Mougán da parroquia luguesa de Guntín tamén celebran os 25 anos da súa festa cun novo licor de pemento. Todos teñen un sabor diferente e para todos os seus son os mellores do mundo. Moitos os que aproveitan para pasar un día en familia comendo pementos.
Na Arnoia segue a festa todo este domingo, cando tamén se celebra a vixéximo sexta edición da festa doutro pemento galego con moita sona, o de Oímbra.