Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin de semana de reencontros familiares nos aeroportos galegos

Fin de semana de reencontros familiares nos aeroportos galegos

Este sábado están previstos 107 voos en toda Galicia

O domingo de Noiteboa haberá 90 voos

G24.gal 23/12/2023 14:46 Última actualización 23/12/2023 15:08

Día de reencontros ou de despedidas nos aeroportos galegos. Uns chegan a Galicia e outros marchan para pasar a Noiteboa e o Nadal cos seus achegados.

"Veño pasar as vacacións aquí con meus pais, a casa e a terra sempre se botan de menos", "o meu fillo vén de Málaga a pasar o Nadal aquí e estou desexando velo", "vimos de Mallorca, levo alí vinte e catro anos, xa teño fillos que son de alí pero vimos sempre no Nadal para non perder os bos costumes de visitar a terra e a familia", cóntannos algúns dos viaxeiros.

Entre os voos de saída e os de chegada, este sábado están previstas 107 operacións nos tres aeroportos galegos. Vinte voos no aeroporto da Coruña, 27 no de Vigo e 60 no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago. 

E entre os que xa teñen preto os seu achegados durante todo o ano, hai quen decide marchar con toda a familia a celebrar o Nadal fóra da casa...

"Imos a familia toda, a filla, o xenro, as netas, o meu marido a pasar a noiteboa a Tenerife. A idea xurdiu de non pasala sempre na casa e alí pensamos que vai máis calor, imos de vacacións coma se nos tocase a lotería, a ilusión non falta", asegura unha viaxeira. 

Este domingo están previstos en Galicia un total de 90 voos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar