Cargando resultados...
'Finis Terrae', de Marcos Rodríguez, fotografías dunha Galicia que semellaba inquebrantable
'Finis Terrae', de Marcos Rodríguez, fotografías dunha Galicia que semellaba inquebrantable
Finis Terrae é un libro que nace dun proxecto fotográfico no que traballa dende o ano 2007, son 169 fotografías en branco e negro e 1 en cor, na que retrata paisaxes de Galicia e a xente do rural
O fotolibro está publicado na editorial Canela
G24.gal
28/05/2024 14:55
Última actualización 28/05/2024 16:22
Dezasete anos de traballo resumidos en menos de duascentas páxinas. Falamos de Finis Terrae, o proxecto máis persoal do fotógrafo Marcos Rodríguez. Un libro con 170 imaxes que describen unha Galicia que vai esmorecendo: a dos nosos avós e avoas, a dos panos na cabeza, as tradicións e os oficios doutrora. Este libro é un xeito de gardalos na memoria e renderlles, cono non, a homenaxe que merecen.